CRTVG

Buscar

Os deputados do PSOE que facilitaron a investidura de Rajoy piden ao PP reciprocidade

Publicado o 11/07/2019 12:16

Sesenta e seis dos sesenta e oito deputados do PSOE que se abstiveron para permitir a investidura de Rajoy, entre eles o propio secretario de Organización, José Luis Ábalos, pídenlle agora reciprocidade ao Partido Popular. Ante a parálise da negociación con Podemos, estes membros do PSOE diríxense á dereita e ínstanos a permitir que desencallen as negociacións para que haxa goberno en España. 

Aquel episodio de 2016 que permitira a investidura de Rajoy pero fracturou o PSOE e defenestrou o actual presidente do goberno en funcións é agora rescatado polos deputados socialistas que se abstiveron. Todos menos a xuíza agora en activo Dolores Galovart e Soraya Rodríguez, agora en Ciudadanos, os sesenta e seios, mándanlle unha misiva ao PP pedíndolle recoprocidade. Unha carta coa que chanceou a dereita e que asina tamén o actual secretario de Organización: "Ogallá tivésemos sumásemos con Unidas-Podemos, ogallá, estariamos ante unha situación de negociación moi diferente. Tamén me gustaría moito que outras formacións políticas se mirasen ao espello e non se burlasen tanto do sacrificio que fixemos outros porque entón teremos unha idea de cal é a súa responsabilidade", explicou Ábalos

"É que non é o mesmo", dixo o presidente do PP. Casado cre que a situación "non ten nada que ver porque agora hai outras tres alternativas aritméticas para desencallar a lexislatura e porque ademais Pedro Sánchez insiste moito na súa postura. Neses asinantes non están Pedro Sánchez, Meritxel Batet e a actual presidenta do Senado"

Entre os asinantes si están o que fora aspirante a secretario xeral do PSOE, que lle pide ao PP que permita gobernar a Sánchez. Madina responde a Casdo que si hai similitides: "Cando o principal partido da oposición non ten posibilidade de formar unha maioría de gogerno, non pode impedir que o país o teña e iso é algo moi similar ao que pasou no ciclo 2015-2016".

Aínda que tamén hai deputados como Odón Elorza, que votou non a Rajoy e entende que a  posición dos asinantes "forma parte desa liña estratéxica de meter presión a PP e Cs para que actúen cunha certa responsabilidade de Estado e non xoguen ao bloqueo, ao desgoberno e á crispación. O que pasa é que desde o meu punto de vista, respetando a carta, non creo que ese episodio sexa un dos máis gloriosos da historia de 140 anos do Partido Socialista", matizou.

Polo demais, as negociacións con Podemos seguen paralizadas tras o desencontro do pasado martes. Adriana Lastra e Irene Montero falaron onte por teléfono. Lastra ofreceu que os equipos dos dous partidos comecen a pactar sobre programas e Montero responde que o farán cando o PSOE levante a liña vermella que veta a entrada de Unidas Podemos no Consello de Ministros.

Jose Luis Rodríguez Zapatero, o ex-presidente do goberno, declarou onte que a mellor fórmula é aquela que se acorda "e por tanto a fórmula que se acorde, que loxicamente compete a quen compete, esa terá o meu aplauso". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019