CRTVG

Buscar

Os deputados do PP piden a comparecencia de Ábalos no Congreso pola suba de peaxes na AP-9

Publicado o 07/01/2021 20:51
Os deputados do PP piden a comparecencia de Ábalos no Congreso pola suba de peaxes na AP-9

Con respecto a este mesmo asunto, os deputados galegos do PP no Congreso esixen a comparecencia do ministro de Transportes, José Luis Ábalos.

Queren que explique as razóns polas que, desde o primeiro dia do ano, subiron as peaxes da AP-9 en vez de aplicarse os descontos previstos nos presupostos xerais do Estado. Consideran inadmisible que a rebaixa prometida vaia tardar aínda seis meses en aplicarse.


 

Noticias web

07/01/2021