CRTVG

Buscar

Os demócratas acusan a Trump de "incitar á insurrección" para activaren o seu segundo xuízo político

Publicado o 11/01/2021 17:43
Os demócratas acusan a Trump de "incitar á insurrección" para activaren o seu segundo xuízo político

O Partido Demócrata dá o primeiro paso para someter a xuízo político a Donald Trump. Este luns, 210 congresistas presentaron os cargos de "incitación á insurrección" contra o aínda presidente a raíz do seu papel no asalto ao Capitolio da semana pasada.

A Cámara de Representantes votará esta semana a proposta. De saír adiante, Trump convertEríase no primeiro presidente que pasa dúas veces por este proceso durante o seu mandato. A nove días de que abandone a Casa Branca, a súa destitución é improbable, pero Trump podería quedar inhabilitado para volver presentarse a unhas eleccións no futuro.

A Cámara Baixa votará este mércores a apertura do xuízo político.

Noticias web

11/01/2021