CRTVG

Buscar

Os de superheroes e os das series de televisión, os disfraces con máis tirón deste ano

Publicado o 09/02/2018 21:49

 

Dentro dos disfraces máis escollidos este ano seguen triunfando os de superheroes, de oficios e relixións e tamén os de cine. Pero á hora de escoller vestimenta debemos ter en conta dous consellos importantes: ir cómodo co disfrace e estar preparados para nos converter noutra persoa ou cousa, unha tarefa tan complicada como divertida. Imaxinen que este coro de máscaras comeza a cantar... Vaia, igual estes días non fai falla imaxinalo, porque sucederá. Porque a xente xa se perde en labirintos de disfraces.

 Está ben persuadido do éxito do seu papel de viquingo."Eu creo que xa son un pouco viquingo o resto do ano, así que non vai ser difícil."O segredo de ser outra persoa ou cousa segue estando na nosa cabeza. Agora, a enchela.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018