CRTVG

Buscar

Os datos de contaxios de Santiago preocupan os responsables sanitarios

Publicado o 22/12/2020 15:20

Na área sanitaria de Santiago, 4 concellos manteñen o peche perimetral: Negreira, Santa Comba, Mazaricos e a capital de Galicia. En Compostela a tendencia segue en ascenso, malia todas as restricións. As autoridades sanitarias din que o caso de Santiago "preocupa".

Compostela asómase ao Nadal perimetrada e no punto de mira das autoridades sanitarias. Despois de 14 días sen poder entrar nin saír da concello, a evolución segue sendo negativa e permanece nas cifras máis altas da segunda onda.

A situación non é postiva, pero os expertos insisten en que hai que esperar a que as medidas dean resultado. De momento, Santiago está en observación por parte das autoriedades e, iso si, mantendo a situación de peche perimetral.

Negreira, Mazaricos e Santa Comba continúan tamen perimetrados, pero aquí a mobilidade está permitida entre os tres concellos, algo que alivia un pouco a situación.

Noticias web

22/12/2020