CRTVG

Buscar

Os danos das treboadas en Monterrei rozan os dous millóns de euros

Publicado o 17/07/2019 14:01

E xa hai valoración dos danos ocasionados polas treboadas en Monterrei. Os estragos ascenden a máis de dous millóns de euros.

Os particulares están a presentar estes días no Concello as reclamacións polos estragos. Ata o de agora ascenden a máis de medio millón de euros. Sobre todo son danos en viñas, castiñeiros e útiles domésticos e agrícolas. A isto hai que sumarlles o millón e medio de estragos en espazos públicos, como estradas ou mobiliario urbano. Monterrei xa solicitou a declaración de zona de emerxencia.

Outro dos concellos afectados, o de Cualedro, aprobará mañá en pleno esta solicitude. No seu caso, os danos rexistrados por particulares ascenden a cen mil euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019