Os cruceiros non farán escala na Coruña ata mediados de setembro
Publicado o 21/08/2021 17:24
No porto da Coruña terán que agardar unhas tres semanas para recuperar o tránsito de cruceiros. Segundo as previsións da Autoridade Portuaria, a mediados do mes que vén terá lugar a primeira escala, das máis de 20 reservadas polas consignatarias ata xaneiro. Nestes meses chegarán á cidade uns 30.000 viaxeiros.
Só en setembro atracarán 9 transatlánticos. Estes buques foron, ata a chegada da COVID, unha das principais fontes de actividade do porto da Coruña. Os responsables do porto aseguran que as previsións para o 2022 son moi boas.