CRTVG

Buscar

Os críticos de En Marea oficializan o seu senador

Publicado o 17/06/2019 21:13

O sector crítico de En Marea prevé oficializar mañá martes a candidatura de José Manuel Sande como senador por designación autonómica, malia que a dirección do partido non acepta o proceso de elección.

Desde a coordinadora din que a decisión incumpre gravemente o acordo asinado en 2016 polo que todos se comprometían a actuar en nome de En Marea e en ningún caso por intereses propios. A dirección insta os críticos a cumprir as normas, e acusa de transfuguismo os deputados de Podemos, a raíz das declaracións na cadena Ser do secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, en que deu por finalizado o proxecto de En Marea para centrarse nunha nova coalición que se vai presentar despois do verán.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019