CRTVG

Buscar

Os críticos de En Marea manteñen o pulso malia o ultimato de Villares

Publicado o 19/06/2019 14:42

Agrávase a crise interna de En Marea á conta do nomeamento dun senador autonómico. Os dous sectores propoñen cadanseu candidato, ameazando así coa ruptura do grupo parlamentario. Os críticos non están dispostos a abandonar o seu escano, como lles pide a dirección do partido. 

Os oito deputados críticos de En Marea fan oídos xordos á dirección do partido, que lles reclama que renuncien á acta ou que abandonen o grupo parlamentario.

Antón Sánchez, deputado de En Marea: "Creo que esa decisión é pouco responsable, moi destrutiva, que non contribúe a nada positivo. Pois nós manteremos a responsabilidade, a serenidade, enfrontando día a día o noso traballo, e trataremos de poñer ese sentido común que a dirección de En Marea non está a poñer".

Defenden a súa decisión de rexistrar un candidato a senador diferente do proposto polo voceiro do seu grupo porque son maioría, din. Pero para o partido son uns tránsfugas ao servizo de Pablo Iglesias. 

Ana Seijas, vicevoceira de En Marea: "Esta interferencia de Podemos nunha organización soberana só pode ser cualificada de golpismo político".

Se non cede ningunha das partes, terán que ser os servizos xurídicos do Parlamento galego os que decidan cal dos dous candidatos se someterá a votación no próximo pleno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019