Os críticos de En Marea buscan substituír a Villares como voceiro parlamentario
Xuntanza, esta tarde, do grupo parlamentario de En Marea. Nela, os deputados críticos, que aluden aos resultados electorais do domingo, pretenden abordar a remuda de Luís Villares como voceiro na cámara galega.
O futuro do grupo parlamentario de En Marea está pendente da xuntanza convocada ao remate do pleno que se celebra na cámara galega.
Impulsada por Podemos, o debate está na remuda do cargo de portavoz, despois dos resultados electorais do domingo.
Fóra da coalición, a candidatura de Villares obtivo 18.000 votos fronte aos case 255.000 de En Común-Unidas Podemos, que retivo dous deputados dos cinco de hai tres anos.
Os críticos con Villares aluden a estes datos. Na xuntanza parlamentaria terían maioría para impoñer a proposta de convetir o cargo de voceiro en rotatorio. Pero haberá que agardar se o asunto trascende á dirección do partido. Villares convocouna para esta noite e nese consello non participan Podemos, Anova nin Esquerda Unida.