Os críticos de Democracia Ourensana piden expulsar a Jácome do grupo municipal
Publicado o 21/09/2020 16:51
Os críticos de Democracia Ourensana apelan á súa maioría no grupo muncipal para expulsar o alcalde.
Esgrimen tres razóns. Inaxeitada e opaca xestión dos fondos que o grupo municipal percibe do Concello, esixencia de doazóns ao persoal eventual contratado e a decisiòn unilateral de romper o pacto co Partido Popular.
Nun comunicado, Gonzalo Pérez Jácome acúsaos de tránsfugas e de autoproclarmase, xunto co edil que se mantén ao seu carón, como os lexítimos representantes de Democracia Ourensana.