CRTVG

Buscar

Os criadores de gando da comarca do Barbanza denuncian novos ataques de lobos

Publicado o 06/11/2019 14:23

Volven denunciar incesantes ataques aos seus animais, que atribúen ao lobo. Os últimos, un tenreiro de 30 días e dúas crías acabadas de parir nos prados de Olimpio, de Rianxo, un dos criadores de gando do colectivo de afectados do Barbanza.

Para Olimpio, con dúas explotacións e sesenta vacas rubias galegas, non é cuestión de peches nin de ter mastíns vixilantes.

O colectivo de gandeiros afectados do Barbanza pide un maior apoio da Administración e que se investigue o que está pasando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019