CRTVG

Buscar

Os criadores de cordeiro e cabrito búscanlle saída nos supermercados

Publicado o 22/04/2020 15:33

Cordeiros e cabritos acumúlanse en ganderías como a de Luis, en Cospeito. O peche da restauración e a cancelación de festas paralizou a demanda dunha carne que precisa saída urxente.

O acordo para vender en supermercados grazas á rede Mercaproximidade ou as doazóns a comedores sociais alivian a situación. Pero os produtores están preocupados polo prezo e temen polo futuro das granxas.

Recriar os mellores exemplares ou conxelar a carne para épocas de máis demanda son outras das alternativas que poderían amortecer as perdas que o coronavirus está a deixar no sector.

Noticias web

22/04/2020