CRTVG

Buscar

Os coruñeses celebran un ano máis un San Xoán con restricións

Publicado o 23/06/2021 14:55

Quedan poucas horas para a noite meiga e na Coruña, por segundo ano consecutivo, non haberá cacharelas nas praias, pero si haberá celebración. Os hostaleiros e veciños son os encargados de animar a festa.

O San Xoán trasládase das praias aos barrios e non haberá recuncho na cidade sen ese cheiro a sardiña ou churrasco, porque arestora hai arredor de 600 solicitudes de hostaleiros e asociacións de veciños para facer esas sardiñadas e churrascadas.

Na Coruña, hai moitas ganas de festa, pero sen esquecer que o virus segue circulando. Así que tamén haberá medidas de seguridade, máscaras e hora de peche. Os locais de hostalería deberán baixar a reixa á unha da madrugada. Amais, un dispositivo especial composto por un cento de persoas velarán pola seguridade desta noite máxica do San Xoán.

 

 

 

Noticias web

23/06/2021