Os contaxios repuntan en varios países, que xa apuntan novas medidas
Publicado o 02/03/2021 15:54
E en plena campaña de vacinación, chega unha alerta nova da Organización Mundial da Saúde. Está preocupada porque, por primeira vez en 7 semanas, soben os contaxios en distintas partes mundo. Tamén en Europa.
E hai países que xa están tomando medidas. Francia, por exemplo, está ao bordo dun novo confinamento. Italia prepara un decreto para endurecer as restricións.
A República Checa aprobou tres semanas de confinamento. E en Austria o ocio suma 4 meses pechado. O panorama é desesperanzador. A OMS advirte de que os contaxios se duplican cada 5 días.