CRTVG

Buscar

Os contaxios redúcense en España a 108 nas últimas 24 horas, ningún deles en Galicia

Publicado o 23/06/2020 17:44
Os contaxios redúcense en España a 108 nas últimas 24 horas, ningún deles en Galicia

Os contaxios de Covid-19 reducíronse aos 108 nun día, o que eleva a cifra total de diagnosticados por PCR ás 246.752 persoas, e nas últimas 24 horas rexistrouse un falecido máis por esta causa, 28.325 desde que comezou a pandemia, segundo o informe publicado polo Ministerio de Sanidade. Ademais, na última semana faleceron 14 persoas; en total 124.925 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 151 nos últimos 7 días; e 11.643 precisaron hospitalización, 13 na última semana.

As únicas comunidades autónomas que notificaron falecidos por Covid-19 no últimos sete días son:

Andalucía 1

Aragón 2

Asturias 1

Castela e León 4

Madrid 5

País Vasco 1

Os novos casos diagnosticáronse en:

Andalucía 1

Aragón 45 

Castela e León 2

Cataluña 15

Comunidade Valenciana 2

Estremadura 1

Madrid 25 

Navarra 13

País Vasco 4