CRTVG

Buscar

Os contaxios por Covid superan os 19,6 millóns e os 726.000 falecidos no mundo

Publicado o 09/08/2020 09:42
Os contaxios por Covid superan os 19,6 millóns e os 726.000 falecidos no mundo

A pandemia por coronavirus esténdese polo mundo. Nunha xornada en que o Brasil supera os 100.000 mortos por coronavirus, con máis de tres millóns de contaxios, e Chile pasa a barreira dos 10.000, a cifra global de falecidos sobrepasa os 726.000, conforme o reconto da Universidade Johns Hopkins. E os casos non deixan de medrar. Os contaxios acumulados xa son máis de 19,6 millóns.

Os Estados Unidos, o país do mundo máis afectado por Covid-19, aproxímanse os 5 millóns de contaxios, con California, Florida e Texas como os estados á cabeza en número de casos, en pleno debate sobre a posible reapertura dos colexios.

E Australia rexistra este domingo o maior número de falecidos por coronavirus nun día desde o comezo da pandemia, con 17 mortos no estado de Victoria, cun gromo nas úlitmas semanas. Dez dos falecidos producíronse en residencias de maiores.