CRTVG

Buscar

Os contaxios en dúas celebracións relixiosas causan dous gromos en Lugo

Publicado o 30/11/2020 14:50

Pese ás restricións en Lugo, os datos apenas melloran e detrás dos malos resultados están as relacións sociais de non conviventes.

Só dous gromos suman un cento de casos, o máis grande está vinculado cun lugar de culto e o outro orixinouse ao parecer nun funeral na Coruña.

Cómpre lembrar que tamén, e pese á dor, nas despedidas hai unha ocupación limitada. No caso dos templos, a ocupación é do 50 % nos concellos sen restricións e dun terzo onde si as hai, pero a cousa cambia no momento do enterro nos cemiterios.

Máis aló dos límites establecidos, a clave está tamén na responsabilidade individual dos asistentes.

Noticias web

30/11/2020