CRTVG

Buscar

Os contaxios diarios por coronavirus seguen a incrementarse en todas as áreas sanitarias de Galicia

Publicado o 25/10/2020 10:25
Os contaxios diarios por coronavirus seguen a incrementarse en todas as áreas sanitarias de Galicia

Os datos facilitados polo SERGAS sobre a evolución da covid-19 en Galicia mostran que os positivos detectados seguen na beira dos 600 diarios por segunda xornada, con 597 nas últimas 24 horas, aínda que son 97 menos que na xornada precedente.

Increméntanse os novos casos en todas as áreas sanitarias galegas con máis preocupación na da Coruña, en Vigo e Santiago que superan o cento de novos infectados por coronavirus. Segue a tendencia dunha lixeira estabilización en Ourense, aínda que nesta área é onde hai maior presión hospitalaria con 90 hospitalizados e 13 persoas ingresadas nas UCI.

A presión hospitalaria en Galicia diminúe algo con 8 pacientes máis ingresados, fronte aos 38 da xornada anterior. Os falecidos con coronavirus son 860, despois do falecemento do venres dun paciente no hospital de Santiago.

Os casos activos en Galicia son 6.431 con 371 hospitalizados e 49 persoas ingresadas nas UCI. Os positivos novos son 597. O total de persoas contaxiadas desde o comezo da pandemia son 32.606 e realizáronse 633.494 PCR desde marzo.

Os concellos en alerta vermella son 31 coa inclusión de Carballo e Vimianzo, na comarca de Bergantiños, O Porriño e O Barco. Saen da lista Ordes e Mesía na área de Santiago.