CRTVG

Buscar

Os contaxios de coronavirus superan os 14 millóns e medio en todo o mundo

Publicado o 22/07/2020 08:45

Os contaxios de coronavirus superan os 14 millóns e medio en todo o mundo, e o número de falecidos na pandemia os 607.000, segundo os datos da Organización Mundial da Saúde.

Máis da metade dos casos positivos rexístranse en América, e os Estados Unidos, con 3,8 millóns de persoas, sitúanse en cabeza, seguidos polo Brasil con algo máis de dous millóns. Suráfrica, con 375.000 contaxios, sitúase no quinto lugar dos países máis afectados, e os expertos da OMS advirten de que África podería sufrir unha nova onda de casos se non se toman medidas estritas para deter a transmisión do virus.

Noticias web

22/07/2020