Os contaxios afectan ao funcionamento de varios consistorios da provincia de Lugo
Publicado o 30/01/2021 17:12
A situación que estamos a vivir e os contaxios afectan á actividade cotiá. Na provincia de Lugo hai varios consistorios que están vendo comprometido o seu funcionamento porque parte do seu persoal está contaxiado.
No de Palas de Rei, o alcalde, outros dous membros da corporación e varios funcionarios deron positivo nas últimas horas. Un regueiro de contaxios que está máis vinculado a focos familiares que a un gromo no consistorio.
Tamén na provincia de Lugo, como lles diciamos, un positivo no Concello da Fonsagrada obrigou a confinar 12 dos 15 traballadores municipais, entre eles o alcalde. As dependencias permanecen pechadas. A atención ao público é agora con cita previa.