CRTVG

Buscar

Os consellos de Bankia e Caixabank aproban esta tarde a fusión das entidades

Publicado o 17/09/2020 14:51

Esta tarde nace o maior banco de España. Reúnense os consellos de administración de CaixaBank e de Bankia para aprobar a súa fusión. Da nova entidade desaparece calquera referencia a Bankia. Chamarase Caixabank e manterá a súa sede social en Valencia. O segredo mellor gardado, o prezo da acción, que non se saberá ata mañá, cando se presente oficialmente a nova marca.
 

Noticias web

17/09/2020