CRTVG

Buscar

Os condutores que deron positivo en psicofármacos aumentaron un 40 % nunha década

Publicado o 19/07/2021 15:58

Home de entre 35 e 44 anos e reincidente en 2 de cada 3 casos; ese sería o perfil do condutor que sufriu un accidente grave despois de consumir psicofármacos, aínda que fose seguindo un tratamento médico.

O consumo desta clase de substancias estivo presente en preto de 50 mil accidentes con vítimas na última década.

"Probablemente os condutores son moito máis consciente do perigo que representa o alcol e as drogas, moitas veces non son consciente do perigo que poden representar estas substancias porque son medicamentos", di Mar Garre, directora da Fundación Línea Directa.

Murcia, Estremadura e Galicia son as comunidades con maior sinistralidade por consumo dalgún fármaco e Euskadi a que menos. Somnolencia, mareos, visión borrosa, nerviosismo ou cansazo son algúns dos síntomas que poden causar esta clase de medicamentos. "Cada medicamento que poida afectar a condución leva un pictograma, que é un triángulo co debuxo dun vehículo. Iso indica que ese medicamento pode afectar á condución", explica Héctor Teixeira, da Garda Civil.

"En canto sinta o máis mínimo efecto, deter o vehículo, agardar a que pase, pedir axuda ou o que sexa, pero, desde logo, non seguir conducindo", recomenda Mar Garre.

Entre 2010-e 2019, un de cada cinco peóns falecidos en accidente de tráfico deron positivo en psicofármacos.

Noticias web

19/07/2021