Os condenados polo crime da Esmorga presentan recurso perante o Supremo
Publicado o 12/12/2019 11:09
Os condenados polo crime da Esmorga presentan recurso de casación diante do Tribunal Supremo.
Cinco anos despois do asasinato dun mozo romanés no Carballiño tras unha noite de festa, o caso aínda non chegou á súa fin. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a condena a 16 anos de cárcere para cada un dos dous acusados de darlle unha malleira á vítima e tiralo aínda vivo a canle dun encoro onde faleceu afogado.
A familia solicitará o seu ingreso en prisión despois deste segundo ditame condenatorio, pero o recurso presentado perante o Supremo pode dilatar a súa entrada no cárcere ata que non haxa unha sentenza firme.
Máis sobre Ourense
23/01/2021 15:08
22/01/2021 20:46
22/01/2021 20:24