CRTVG

Buscar

Os condenados pola traxedia do Madrid Arena teñen dez días para ingresar no cárcere

Publicado o 09/03/2018 09:25

O promotor do Madrid Arena, Miguel Ángel Flores, ingresará proximamente no cárcere para cumprir a condena de catro anos por cinco homicidios por imprudencia grave. Xunto a Flores, antes de 10 días deberán entrar no cárcere os outros 4 condenados a penas superiores aos dous anos de reclusión.

O promotor e principal responsable da traxedia do Madrid Arena, Miguel Ángel Flores, entrará voluntariamente nun centro penal da Comunidade madrileña. Farao probablemente a próxima semana para cumprir os catro anos aos que foi condenado por cinco homicidios por imprudencia grave, segundo anunciou o seu avogado.

"Está enteiro, está disposto a cumprir. Xa tiña prevista esta posibilidade e vai cumprir coa sentenza, como é a súa obriga e a de todos os cidadáns".

Xunto a Flores, ingresarán no cárcere os outros catro condenados a máis de dous anos de prisión no xuízo pola morte de cinco rapazas que asístían a un festa na Noite de Defuntos de 2012 no Madrid Arena.

Todos eles foron condenados a penas de entre tres e dous anos e medio de prisión.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2018