CRTVG

Buscar

Os condenados e as acusacións recorrerán a sentenza do caso Nóos

Publicado o 21/04/2017 13:53

O tribunal que xulgou o caso condenou a 7 dos 18 acusados e soamente a tres deles con condenas que implican en prisión

As defensas de Iñaki Urdangarín e de Diego Torres, así como a fiscalía anticorrupción, a Avogacía do Estado, o expresidente das Baleares e o sindicato Manos Limpias recorrerán a sentenza do caso Nóos, ditada o pasado 17 de febreiro. O prazo para anunciar o recurso perante o Tribunal Supremo remata ás tres desta tarde.

O tribunal que xulgou o caso condenou a 7 dos 18 acusados; e soamente a tres deles con condenas que implican en prisión: Urdangarin, a seis anos e tres meses; Torres, a oito anos e seis meses; e Matas a tres anos e oito meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017