CRTVG

Buscar

Os concesionarios ofertan grandes descontos para reactivar a venda de coches

Publicado o 13/06/2020 16:54

O sector do automóbil saúda os clientes con grandes ofertas. Cómpre reactivar o mercado despois de dous meses cos motores parados. Neste concesionario da Coruña calculan que deixaron de vender unhas duascentas unidades pola crise sanitaria. Reabriron o catro de maio con descontos importantes e facilidades para a compra.

Os descontos poden chegar ao 40% nestoutro concesionario, que xa traballa co cen por cento do seu persoal. Están satisfeitos coa resposta do público, pero a rede comercial galega acumula un stock duns nove mil vehículos. Todos agardan con expectación o plan anunciado de apoio ao sector do automóbil.

Axudas para acelerar un sector que, coma outros, freou en seco a mediados de marzo.

Noticias web

13/06/2020