CRTVG

Buscar

Os concellos termais de Ourense unen forzas

Publicado o 29/08/2019 15:09

Quedou constituída a Rede Provincial de Concellos Termais da que forman parte 15 concellos da provincia de Ourense.

Unha medida coa que se pretende avanzar en materia de termalismo grazas á promoción de hábitos saudables, da investigación en colaboración coas universidades e da promoción dos establecementos termais.

Tamén servirá para fidelizar o turismo, e captar novos financiamentos para darlles visibilidade aos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais de cada concello.

Noticias web

29/08/2019