CRTVG

Buscar

Os concellos terán axudas urxentes para reparar fugas de auga

Publicado o 30/04/2019 18:33

A Consellería de Infraestruturas concederá nos próximos días as axudas para que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan facer obras urxentes de reparación na rede de abastecemento de auga.

Nunha reunión mantida esta mañá co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, a conselleira anunciou que a Xunta achegará o 80 por cento das obras, o que suporá uns 15.000 euros por concello. O obxetivo é reparar canto antes as fugas de auga que poñen en risco o abastecemento en períodos de seca. Posteriormente, farase unha avaliación global do estado da rede para comprobar onde son necesarias obras máis ou menos importantes. A contía e as axudas desta segunda parte está por determinar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019