CRTVG

Buscar

Os concellos teñen ata o 30 de abril para adherirse á plataforma da Xunta de repartición de axudas á hostalería

Publicado o 29/03/2021 21:01

Ata o 30 de abril os concellos pódense adherir á plataforma habilitada pola Xunta para distribuír as axudas á hostalería. Anunciáronno o vicepresidente primeiro e a conselleira de Emprego tras reunirse con alcaldes interesados nese sistema de repartición.

A través desta plataforma, o Goberno galego quere axilizar o pagamento das achegas. Así, adiantará as cantidades que cada concello queira destinar á hostalería e despois detraerállelas aos municipios.

 

Noticias web

29/03/2021