CRTVG

Buscar

Os concellos poderán limitar o acceso e o tempo de permanencia nas praias

Publicado o 23/05/2020 21:06

Coñecemos máis detalles sobre o uso das praias nunha orde publicada no Boletín Oficial do Estado. Permítese usar as duchas, os aseos, vestiarios, lavapés ao aire libre e outros servizos públicos nos areais. Os obxectos persoais estarán nun perímetro de seguridade de dous metros. Os concellos poderán establecer límites de tempo e de acceso.

Para calcular a capacidade da praia establécense catro metros cadrados por bañista, descontando unha franxa de seis metros dende a beira. Ademais, a partir do luns reabren os parques naturais ao 20 por cento de ocupación e os teleféricos.

Noticias web

23/05/2020