CRTVG

Buscar

Os concellos gozarán de máis autonomía para ampliar os horarios dos espectáculos

Publicado o 11/07/2019 13:52

As administracións locais e autonómica traballan na adaptación da Lei de espectáculos á realidade de Galicia. Con ese fin, xa teñen case listo o catalálogo de espectáculos, actividades e establecementos e tamén fixarán os límites dos horarios. Haberá uns xerais, que se poderán ampliar en Semana Santa, Nadal, Entroido e festas populares. Nisto, os concellos gozarán de máis autonomía.

Santiago Villanueva- Director xeral de Emerxencias e Interior: "Trátase de determinar cal é a administración que coñece a realidade, que é a municipal, e darlle esa capacidade para adaptar ese incremento do horario, en determinados momentos, á realidade de cada sitio"

Alfredo García- Presidente da FEGAMP: "Hai unha serie de cuestións, que son propias de cada concello, onde é posible ampliar os horarios. Nese caso, parece razoable que teñamos a autonomía suficiente para tomar a decisión"

Está previsto que o catálogo de espectáculos quede feito este mesmo verán e os horarios antes de que remate o ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019