CRTVG

Buscar

Os concellos galegos con superávit disporán duns 150 millóns

Publicado o 11/04/2019 15:39

Os concellos galegos con superávit disporán dunha contía próxima aos 150 millóns de euros que poderán gastar entre este ano e o que vén.

As administracións locais deberán destinar eses cartos aos chamados investimentos sostibles, como os relacionados coa educación, os servizos sociais, o deporte, a cultura ou as vías públicas.

Hai requisitos para permitir o reinvestimento do superávit. Entre eles, ter a débeda controlada, cumprir co pagamento a provedores e dispoñer de remanente.

Noticias web

11/04/2019

Máis sobre actualidade