CRTVG

Buscar

Os concellos din que colaborarán co Sergas para localizar os galegos que aínda non se vacinaron

Publicado o 02/09/2021 21:23

A campaña de vacinación entra de cheo na fase das repescas e os concellos xa apuntan que  colaborarán co Sergas para localizar eses 200.000 galegos que se calcula que aínda non se vacinaron. 

No concello do Pereiro de Aguiar non hai ninguén sen vacinar, pero hainos, e dar con eles é o obxectivo fundamental dunha campaña de vacinación que entra agora nunha nova fase: a das repescas.

Os concellos, en especial a través dos seus servizos sociais, cobran agora unha especial importancia nesta busca caso a caso das persoas que non teñan teléfonos, que son vulnerables, persoas sen teito ou outras que, por algunha razón, non estiveron localizables no primeiro chamamento para a vacina.

Inxección a inxección, o contador da vacinación segue subindo. Hoxe somos xa 2.070.000 os galegos coa pauta completa, unha porcentaxe de poboación excepcionalmente alta nun tempo récord de apenas oito meses.

Noticias web

02/09/2021