CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os concellos de máis de 50.000 habitantes aprobarán definitivamente os seus plans urbanísticos

Publicado o 21/10/2014 21:24




Os concellos de máis de 50.000 habitantes terán potestade para aprobar definitivamente os seus plans urbanísticos, segundo prevé o anteproxecto da nova Lei do solo. Precisamente cos concellos celebrará a Xunta a primeira xuntanza tras a aprobación deste novo texto, aos que lles pide corresponsabilidade para loitar contra o feísmo urbanístico.

A Xunta defende como clave para conseguir rematar co feísmo urbanístico a cooperación entre as diferentes administracións, e nese aspecto recorre á maior cercanía dos gobernos municipais co territorio para apelar ao seu compromiso.

Así, no anteproxecto da nova lei do solo os concellos terán a obriga de actuar cando os propietarios non cumpran coa normativa, impoñendo sancións e executando subsidiariamente as obras necesarias para repoñer a legalidade. Respecto da autonomía municipal, unha das principais novidades afecta aos concellos de máis de 50.000 habitantes.

Este xoves, responsables da Xunta reuniranse coa Federación Galega de Municipios para abordar o novo texto legal.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/10/2014