CRTVG

Buscar

Preocupa na raia o avance da pandemia e piden máis controis na fronteira

Publicado o 14/01/2021 15:17

Concellos coma Tui, tamén Salvaterra de Miño, Tomiño, O Rosal e Arbo instan a que se intensifiquen os controis nos pasos fronteirizos ante o avance descontrolado da pandemia.

Os alcaldes coinciden en que se evite o peche total da fronteira, pero esixen un aumento dos controis nos desprazamentos dos veciños que cruzan dun lado a outro á marxe da excepción.

Este mércores á mañá no paso fronteirizo entre Tui e Valença o tráfico era menos intenso do habitual e os condutores falan da ausencia de controis e de veciños que cruzan a fronteira con normalidade. Hai menos tráfico do habitual, pero observamos desprazamentos, algúns deles sen causa xustificada. Pero a mobilidade só está permitida en casos excepcionais.

Chama a atención a alta incidencia do virus nos concellos próximos á fronteira, por iso estes municipios súmanse á petición do Goberno galego e reclaman un incremento dos controis.

Os municipios galegos da raia queren evitar o peche total da fronteira e insisten en que só se traspase para as actividades permitidas.

Noticias web

14/01/2021