CRTVG

Buscar

Os concellos da Mariña debaten mocións de apoio á planta de San Cibrao

Publicado o 23/03/2019 14:52

A mesma demanda chega desde A Mariña de Lugo para garantir a continuidade da planta de San Cibrao. Piden un prezo competitivo da electricidade para que a actividade de Alcoa na comarca sexa viable e se garantan así os postos de traballo. Todos os concellos desta bisbarra apoian as reivindicacións do comité de empresa. Nos vindeiros días tratarán en cadanseu pleno municipal as mocións nas que se insta ao goberno central a mellorar o Estatuto de Consumidores Electrointensivo.

 

Noticias web

23/03/2019