CRTVG

Buscar

Os concellos baixo vixilancia asumen que poderían ter que afrontar novas restricións

Publicado o 15/03/2021 17:00

Chegou a ser noticia por ser un concello sen covid. Agora Maside volve estar no foco, porque nunha semana a incidencia subiu por riba da barreira dos 250 casos.

A resposta terana mañá despois da reunión do comité clínico. Mentres, neste concello de 2.700 habitantes os veciños fan apostas, algúns son máis optimistas ca outros.

Os máis preocupados son os hostaleiros da vila. A Alejandro a pandemia estalle a pasar factura, e non só na conta bancaria.

Difícil tamén na maior marisquería da zona, onde as reservas polo San Xosé corren perigo.

Baixo a lupa do comité están tamén Leiro, Coles, Carballeda de Avia, Bóveda e Castroverde. Seis concellos á espera nos que, suban ou non as restricións, teñen claro que non é o momento de baixar a garda.

Noticias web

15/03/2021