CRTVG

Buscar

Os compañeiros do vixilante de seguridade do HULA din que se salvou de milagre

Publicado o 04/02/2020 13:47

• Prisión sen fianza para o acusado do acoitelamento

Salvouse de milagre, é o que repiten os compañeiros do vixilante de seguridade do HULA acoitelado. Contan que a agresión foi por sorpresa, que non lle deu tempo a reaccionar. Asi o narraba, Jose Luis López, compañeiro do vixilante agredido:

"En todo momento se amosou violento, increpaba os policías e o personal, saíu a fóra e foi directo polo vixilante. Cruzóuselle el como poido ser calquera, un usuario, un médico. Foi directo a el, non lle deu tempo a nada".

Os primeiros en intervir foron os propios compañeiros, aos que aínda lles custa conciliar o sono tras o sucedido.

"Se non están dous compañeiros máis que se achegaron ao ver que a cousa non pintaba ben, este rapaz estaba morto", subliña José Luis López.

O vixilante ferido permanece ingresado no hospital da Coruña, para ser intervido do brazo en que recibiu unha das coiteladas. Os compañeiros reclaman máis medios de protección individual. Din que cada día se rexistran no centro unhas tres agresións.

"O meu compañeiro está esperando para ser operado na Coruña, ten cortes nos dedos, no costado e nos tendóns do brazo, que foi o peor. Co brazo protexeu o corazón. Cun chaleco antitrauma só tería feridas no brazo, e se os compañeiros tiveran xel de pimenta houberan conseguido quitarlle o coitelo, sen esperar a que a policía encañonara ao individuo".

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de 47 anos J.S.D., natural do País Vasco, por un delito de homicidio en grao de tentativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020