CRTVG

Buscar

Os compañeiros do policía de Vigo ferido en Vallecas piden o seu recoñecemento

Publicado o 14/01/2020 15:20

Xa foi dado de alta e afortunadamente as feridas que sufriu non afectaron órganos vitais, aínda que quedarán secuelas físicas e psicolóxicas. Os seus compañeiros piden un recoñecemento xusto para os policías que evitaron un novo caso de violencia machista.

O primeiro en ser acoitelado foi o compañeiro que acudiu con el a vivenda e que recibiu unha puñalada na clavícula. O axente vigués foi o segundo en recibir unha coitelada na boca momento en que o policía ferido disparou e causoulle a morte o agresor. Neste caso ambos os dous levaban chaleco, pero os policías denuncian escaseza de medios.

Reclaman máis medios materiais e unha especialidade.

Noticias web

14/01/2020