CRTVG

Buscar

Os CDR interveñen nunha manifestación en defensa do español en Barcelona

Publicado o 16/09/2018 21:02

• Os Comités de Defensa da República intentaron contrarrestala cunha concentración

• Oriol Junqueras ameaza o Goberno cun novo 1-O

'El Mundo' afirma que Trapero tivo un papel decisivo no 1-O

 

Unha manifestación en favor do español tivo que modificar a súa traxectoria polas rúas de Barcelona ao se concentraren os Comités de Defensa da República para contrarrestrala.
Houbo tensión durante varias horas.

A entidade Hablemos Español convocou en Barcelona unha marcha a favor da liberdade da lingua na escola catalá que partiu da praza da Universidade.

A súa intención era rematala na praza de Sant Jaume coa lectura dun manifesto, pero non puideron porque os Comités de Defensa da República concentráranse alí en defensa da escola en catalán.

Durante varias horas os asistentes ás dúas protestas intercambiaron berros. Tamén se rexistraron momentos de tensión entre algúns manifestantes a favor do español contra os Mossos d'Esquadra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2018