CRTVG

Buscar

Os comercios sen plástico son unha opción viable, aseguran os seus propietarios

Publicado o 14/06/2019 13:52

As campañas sobre a invasión de plásticos no planeta están impulsando tímidos cambios no consumo. Nalgúns supermercados xa aparecen compradores con recipientes para levar a comida, e en todas as cidades xorden tendas cento por cento sen residuos.

Neste comercio da Coruña non hai plástico. Despensa 77 vende a granel desde froitos secos ata legumes, fariñas, pasta ou arroces. A idea é non xerar ningún tipo de lixo, e, segundo a propietaria, as vendas aumentan a medida que se fan campañas sobre a inxente cantidade de plástico que contamina o mar e a terra.

"A xente está empezando a poñerse as pilas e a buscar solucións, e nós somos unha desas solucións. Primeiro foi a xente do barrio, pero agora vén xente doutras partes da cidade, precisamente porque somos a única tenda que ten esa filosofía de residuo cero", di  Lara Prendes, propietaria da tenda sen plásticos Despensa 77.

Ofrece aos compradores envoltorios de papel, pero os usuarios poden levar envases da casa. Esta opción pode resultar máis incómoda, pero para algúns clientes é un esforzo necesario.

"Sentes que estás a investir en ti e de paso no medio ambiente, para min paga a pena", di unha clienta.

Despensa 77 tamén ofrece solucións para evitar o plástico na rúa e na casa, como pallas e vasos de metal, bolsas de tea de todos os tamaños ou produtos para conservar alimentos.

"Isto é para substituír o papel de filme e o plástico. É un envoltorio de algodón ecolóxico encerado con ceras vexetais e vale para conservar alimentos. Úsase, lávase cun pouco de auga e volverse usar", explica Lara Prendes.

A propietaria estuda continuamente o mercado para ir incorporando outros produtos.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019