CRTVG

Buscar

Os comerciantes piden que se supriman as rebaixas este ano

Publicado o 14/04/2020 15:50

A moitos pequenos comercios colleunos o peche dos seus negocios decretado polo estado de alarma con toda a mercadoría de temporada acabada de comprar. Agora non queren ter que rebaixala nada máis saír do confinamento, polo que lle piden ao Goberno que este ano se prohiban as rebaixas.

Os comerciantes de Pontevedra únense á petición que xa formularon as asociacións de comerciantes dos cascos históricos de cidades de toda España. Segundo explica a voceira da asociación pontevedresa, consideran inxusto que o comercio por Internet poida seguir vendendo produtos que non son de primeira necesidade mentres eles pechan. Así que piden medidas que os protexan desta suposta competencia desleal.

Queren que as rebaixas regresen a partir do 7 de xaneiro do ano que vén, pero ao xeito tradicional, en dous períodos, inverno e verán, co fin de evitar máis peches do comercio tradicional.

Noticias web

14/04/2020