CRTVG

Buscar

Os comerciantes din que o nivel das vendas de Nadal é similar ao doutros anos

Publicado o 15/12/2020 14:24

A imaxe repítese dende hai días nas mais das cidades galegas. As principais rúas comerciais recuperan a actividade grazas as compras do Nadal.

Este ano os Reis e o Papá Noel téñeno algo máis complicado por mor das restricións, e por iso contan con máis axuda ca nunca.

Evitar as aglomeracións resulta fundamental para moitos, e por iso este ano as compras comezaron algo máis cedo do habitual.

Din os comerciantes que polo de agora o nivel de vendas vai manténdose respecto a outros anos.

Quedan aínda varias semanas de intensa actividade comercial, sen esquecer a aqueles que manterán o costume de agardar ata o final para ter a punto os agasallos.

Din que os regalos non son o máis importante destas festas, pero é certo que moitos coinciden na necesidade de compartir algo de ledicia e ilusión nestas datas.

Noticias web

15/12/2020