CRTVG

Buscar

Os comerciantes de Teis están desesperados polos furtos constantes dunha muller

Publicado o 05/09/2019 12:45

Entra nun establecemento, leva o que lle apetece, sae pola porta e vai accedendo a todos os locais polos que pasa, cometendo furtos. Así actúa unha muller que ten os comerciantes de Teis desesperados. Está identificada, pero unha vez detida volve á rúa, xa que comete roubos menores. Como os furtos son diarios, os comerciantes din que lles supón un importante prexuízo económico.

Cando se lle recriminan os furtos, a muller ponse agresiva e mesmo chegou a atacar algún cliente. Os comerciantes piden unha maior presenza policial.

Os comerciantes levan sufrindo estes roubos dende hai case dous meses. Din que a situación é insostible e solicitan que se tomen medidas canto antes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019