O comercio de Ponteareas salva o confinamento cun servizo de entrega a domicilio
Os establecementos comerciais de Ponteareas botan de menos os seus clientes da contorna: O Covelo, Mondariz ou Mondariz-Balneario e outros que non se poden achegar a mercar in situ polo confinamento perimetral. Por iso acaban de poñer un servizo de entrega a domicilio que abrangue ata trinta quilómetros.
O potente comercio local de Ponteareas estaba perdendo forza pola auxe do comercio on line e polos sucesivos confinamentos que non permiten aos residentes nas localidades limítrofes vir a mercar á vila.
Para evitar as perdas, acaba de estrear este servizo de entrega a domicilio, que xa tivo quince clientes o seu primeiro día.
70 membros integran a asociación de comerciantes de Ponteareas que poden gozar deste servizo cun custo dun euro e medio no termo muncipal e de tres nos concellos limítrofes. Os non asociados tamén poden usar a furgoneta de Miguel cun custo extra.
Todos consideran moi importante que non se perda a vida comercial nas rúas da vila, para poder seguir gozando das tendas cando remate a crise sanitaria.
O autónomo que fai o reparto tamén se tivo que reciclar xa que antes traballaba no eido do lecer infantil.