CRTVG

Buscar

Os comerciantes de Narón reclaman máis vixiancia para facer fronte á vaga de roubos dos últimos meses

Publicado o 22/08/2019 14:25

O propietario dun bar de Cerrallón de Abaixo en Narón foi a última vítima dos ladróns. Entraron esta madrugada forzando unha verxa metálica e reventando unha a porta do local para facerse coa recadación da máquina comecartos. Un modus operandi semellante ao que empregaron en outros negocios da zona que tamén foron visitados polos cacos; como esta gasolineira na que o martes de madrugada roubaron a recadación. Os afectados cren que se pode tratar dunha banda organizada que esta a operar polas inmediacións tal e como apunta Martín Martínez, propietario dun bar no que entraron para roubar a recadación da máquina comecartos.

Precisamente os principais obxectivos dos asaltantes son as caixas rexistradoras e as máquinas comecartos pero nestoutro bar levaron tamén varias caixas de cerveza. Máis curioso é o caso de esta tenda de moda na que entraron hai quince días. Neste caso semella que os cartos non lles interesaban.

María José Calvo, propietaria do negocio, asegura que lle roubaron unha ducia de vestidos de festa de tallas grandes, bolsos e zapatos. Di que estaban valorados nuns doce mil euros.

Nos últimos dous meses os cacos asaltaron máis dunha ducia de negocios nesta zona. Todos os roubos efectuáronse entre as tres e as cinco da madrugada en negocios situados na carretrea de Castela entre Xuvia e Narón. A inseguridade é tal que os afectados incluso se plantexaron a posibilidade de contratar seguridade privada.

Martín Martínez, propietario dun dos bares asaltados di que a policía local ten que cubrir un área moi grande e non da feito. María José Calvo apunta que estiveron pensando en contratar seguridade privada entre varios negocios para facerlle fronte aos ladróns pero que segundo parece no está permitido.

Os comerciantes do lugar reclaman máis presenza policial para intentar disuadir aos ladróns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019