Os comerciantes de Culleredo afectados pola tromba de auga din que aínda non teñen data de apertura e que seguen perdendo cartos
Publicado o 15/09/2021 15:18
Desesperados. Así din estar os pequenos empresarios dun centro comercial do Burgo, un dos máis prexudicados pola chuvia a cachón que caeu este luns, deixando un regueiro de danos que aínda son visibles nalgún local.
Así que, ata que reparen todos estes danos, non poderán atender os seus clientes e tampouco gañar cartos.
Nun mesón a agua non chegou a entrar no local grazas aos clientes, que actuaron con rapidez. A forte intensidade das precipitacións deixou baixos e garaxes asolagados.
Despois desa forte tormenta chegou a calma, que agora aproveitan para reparar e avaliar os cuantiosos danos.