CRTVG

Buscar

Os comerciantes da zona vella de Santiago están preocupados polo incremento dos roubos

Publicado o 29/09/2020 14:49

Esta é Margarita, a propietaria dun pequeno local de souvenirs da zona vella de Santiago.

Ela, ao igual que a maioría dos comerciantes do casco históricos, están a facer fronte a unha situación económica complicada motivada pola ausencia de turistas, e nas últimas semanas teñen que engadir o incrementos dos roubos.

En poucos días, Margarita tivo que facer fronte a dous roubos. O último deles supúxolle unha perda duns 400 euros.

A preocupación entre os comerciantes da zona é cada vez maior xa que os furtos estanse dando cada vez con máis frecuencia e a plena luz do día. Ás perdas económicas que isto lles supón suman tamén o medo e o posible empeoramento da situación. 

Dende a entidade Compostela Monumental piden maior presenza policial nas rúas da zona histórica da cidade para facer fronte a estas situacións de furto e contibuír á tranquilidade de comerciantes e vendedores. 

Noticias web

29/09/2020