CRTVG

Buscar

Os comerciantes da Guarda denuncian que sofren constantes roubos

Publicado o 17/10/2019 14:05

Os comerciantes do centro da Guarda están nun desacougo constante. Semella que cada día lle toca a un, preto dun cento de persoas e establecementos recibiron a visita deste amigo do alleo. Unha tenda de polos do mercado é unha das máis afectadas pero non a única.

Delia, a presidenta dos comerciantes da praza do Reló, tamén sufriu varios roubos na súa tenda e no seu almacén. Están todos fartos, aínda que algúns apuntan que a solución podería non ser policial, o suposto autor destes roubos que foi collido na allada nalgunha ocasión é unha persoa que ten problemas de conduta.

Desde a asociación de comerciantes da vila, ACIGu, avogan por unha intervención dos servizos sociais.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019